Datos personales

miércoles, 23 de enero de 2019

VULNERABILIDADE



                             



     A vulnerabilidade non implica debilidade. Tod@s nalgún intre sentímonos pequeninhas temorosas frente a situacións complicadas.  

                                                        Sentirnos vulnerables tamén é vivir.


Hoxe o meu día transcorreu en torno a ela…VULNERABILIDADE e as distintas ferramentas que tenho ou tiven para encarala ao longo da minha vida.
É curioso descubrir como, en segundo que ocasións, podo despregar todas as minhas armas cando me sinto vulnerable e como noutros intres, en que tamén a sinto, fico paralizada.
Ninguén gosta de se sentir vulnerable e menos de sentir que outr@s tenhen o controlo sobre a nosa vida.
Penso que a vulnerabilidade vai de man dada do medo que, muitas veces, paraliza ou, nunha escala menor, impide pensar e actuar con claridade.
Esta noite un lume perto da minha casa, vulnerabilizoume mas non me paralizou, nen me detivo. A pesares de non ter o control da situación, puiden “pensar” e actuar desde a que entendín , era a melhor opción.
É que realmente se o penso ben, non tenho o controlo sobre nada desta vida, nen eu nen ninguén. Unha sabia amiga comparábao con que a folha que o río leva pretendera mudar o curso deste.
Noutras épocas da vida escolhín ceder o mando, moitas veces desde a inconsciencia e procurando o beneplácito xeral. Mas non me saía ben, nen tan sequer a aprobación era a aguardada.
Dalgún xeito estaba recibindo axuda para espertar e apanhar as guías que mecen as minhas propias cordas monicrecais.

06/10/17



No hay comentarios:

Publicar un comentario