Datos personales

viernes, 25 de enero de 2019

Ser muller, emociona!

    

                      


                              Hoxe foi un día de celebración conxunta e reivindicación violeta.                                                                              É certo! Se paramos todas, paramos todo!




Hoxe emocioneime.
Emocioneime e até dábame vergoña cada bágoa.
E despois pregunteime.. e por que non? Que pode haber mais fermoso que atoparnos cara a cara, cona a cona , con milleiros de mulleres, de todo tipo, compartindo un sorriso de satisfacción por vernos e sabernos poderosas e unidas; celebrando xuntas o espertar feminino con quen nos quixo acompañar?
E alí me vin eu, coa miña filla maior no colo, fitando a súa pequena cariña e desexando un futuro mellor real para elas, para todas!
Foi un bonito encontro; moi emotivo, mas moi reivindicativo tamén porque realmente estamos FARTAS!moito! de agachar a cabeza e falar baixiño para non incomodar; de pedir perdón por existir e seguir servindo sen recibir nada a cambio; de manter adormecido o noso poder creador; de este sistema que nos oprime a tod@s, tamén emocionalmente ; de vivir durante tantos anos trás o biombo da compracencia, do pecado orixinal e da servidume incondicional, porque é certo, SE PARAMOS TODAS, PARAMOS TODO!
Botei en falta maior mención aos dereitos da muller como nai , á necesidade da mellora das condicións laborais para unha conciliación real, unha baixa por maternidade realista e algún “invento” que impida que mais nais teñamos que vernos forzadas a separarnos d@s nos@s bebés aos 4 meses para gañarnos a vida. Até dentro desta realidade, o noso dereito a criar, segue a ser unha causa esquecida. Tamén é verdade que até que a vives de perto pode non terse moi en conta.
Faltaron moitas, é verdade, mais das que desexaría. Ben porque non puideron, ben por plans mais “entretidos”, ben porque xa non poden acompañarnos, nen facer nada.
Marchei de alí coa firme convicción de que isto vai a mellor e de que traballando xuntas, conseguirémolo!
Porque alén de estereotipos baleiros e fluctuantes e de “competitividades” inventadas para dividir, as mulleres formamos unha rede vermella de poder ancestral e sabiduría de poder incalculable, só fai falla que todas nos decatemos!💪🏾

Arte de PNITAS       https://www.pnitas.es/

P.NITAS* FEMINISMO – TIENDA FEMINISTA


04/03/18

No hay comentarios:

Publicar un comentario