Datos personales

jueves, 24 de enero de 2019

Cabodano inconsciente










O noso inconsciente non entende de tempo, é atemporal e cíclico á vez; lembra e ven rememorar datas en que sucesos potentes trocaron as nosas vidas.



Fai uns anos por estas datas renacín e afírmo que foi,case literalmente, mesmo así.
Naquel mes de Decembro aconteceran moitas cousas dolorosas para min e non foi até moito tempo despois que me decatei de todo o positivo que me trouxeron aqueles duros acontecementos.
Vinme forzada a rachar cunha situación prexudicial e cun ambiente bastante tóxico,perigoso e negativo.Precisei axuda,si , a melhor que puiden ter e estarei eternamente agradecida.Sabédelo!💜
Foi o início do meu espertar, da toma de consciencia e de recuperar a ilusión por unha vida cheia de cousas interesantes e maravillosas.
Sentíame rara estes días; tornaba habitarme un pesar desconcertante que abranguía a miña mente e sentimentos.Igual que ao inicio do mes, un malestar melancólico inundábame e caín  na conta de que o meu inconsciente estaba a rememorar estas datas. Como un cabodano mais, segue marcado aquel feito tan brutal e impactante que todo o virou.
E fica grabado, como cando un ser querido desaparece e ao achegarse esas datas éntranos a tristura…
Atopo increíble esa memoria oculta,sensitiva, cíclica,sutil e o impactante poder que os acontecementos poden ter sobre nós e o noso estado de ánimo até incluso moitos anos despois.
En Biodescodificación coñécese como o “Síndrome do aniversario” e refírese a aquilo que sentimos ano tras ano cando se aproxima algunha data sinalada para nós, como a marcha dalgún ser querido no exemplo mais común mas vai alén diso.
Gostei de ser consciente!atopar respostas sempre me acalma.
Aínda así, tamén sigo  lembrando a certas persoas que ficaron no camiño e para as que ,quizais, as probas que esta vida estalles a poñer sexan  demasiado difíciles de entender, incluso tanto tempo despois.
Apertas para tod@s e Bon Ano!


Imaxe superior de Antonio Fernández Casado.     “Transmission of light”

No hay comentarios:

Publicar un comentario