Datos personales

jueves, 24 de enero de 2019

Expectativa VS Realidade






                  No amor e na vida as expectativas só son envoltorios temporais que a realidade arrinca                                                  para deixar ver a pureza do ser humano.


Moitas veces oín iso da parella, home ou muller , ideal..
Si, si, busca durante a túa vida e non “te conformes” con calquera, porque aí fóra hai unha persoa IDEAL e PERFECTA  para ti!
A verdade é que entra dentro do nivel de esixencia que hoxe en día padecemos os seres humanos en xeral.Dentro desta sociedade competitiva, temos que ser @s mais intelixentes, guap@s, en forma,simpatic@s, avispad@s,estar á última e un longo etc..
E a persoa con quen vaiamos compartir a vida ten que cumprir TODOS os requisitos e se non, SIGA BUSCANDO!
Cando realmente namoramos dunha persoa sen ningún tipo de interese alén, namoramos de todo o ser, na súa totalidade máis completa, do pack enteiro , que case sempre é como os envelopes sorpresa das festas. E tod@s temos virtudes e outras características “menos virtuosas” para algo, tanto para nós mesm@s, como para ese binomio que se forma.
É curioso ver como ao longo dos anos en común esvaece esa expectativa irrealista de procurar a perfección n@ compañeir@, ou de tentar trocal@ segundo o noso gusto e conveniencia.
Convivindo aprendes , ou eu ao menos, estou aprendendo a deixar ser, aceitando a realidade e, se me chirría demasiado, procurando solución, sen impoñer,obrigar nen idealizar.Creio que isto tamén fixo que me quera mais a min mesma; aprendín a amarme desde a compaixón, en cada intre.
A realidade é a que é; e moitas veces o problema reside nas expectativas que alberga a nosa mente sobre o entorno e sobre a vida en xeral.  Sentindo mais como debería de ser, que como está sendo.
Penso que gran chave da felicidade reside niso, mas aínda estou investigando….🔍🔍


10/02/18

No hay comentarios:

Publicar un comentario