Datos personales

jueves, 24 de enero de 2019

Cosmética natural,natural

                     

                               


Desde hai un tempo rexeito cada vez máis os produtos químicos.Así que, na procura de alternativas naturais, decidín comezar criar os meus propios cremes.
Neste caso as herbas empregadas nos aceites foron recolleitadas por min, elaboreinos con aceite de oliva e permaneceron macerando durante 40 días.
Actualmente tenho dous :
ANTIGOMOS:
Un creme antiinflamatorio, cicatrizante, para queimaduras e golpes.
O ingrediente principal  é o pau de sabugueiro que ten propiedades máxicas na curación de queimaduras e golpes.
Tamén leva aceite de hipérico que ten efeitos calmantes,vitamina E, manteiga de karité, cera de abella e extracto de aloe vera.

cLLc: Bálsamo hidratante.
Sempre recomendo que para as irritacións do cu do bebé o melhor que se pode usar é o leite materno; un bon chorrito despois de trocar o cueiro e nunca se lhes vai irritar.
Mas carecendo desta posibilidade este creme resulta moi reconfortante e rexenerador.
Tamén se pode empregar como bálsamo labial ou creme hidratante.
Os seus compoñentes básicos son aceite de caléndula, macela e camomila;tamén aceite de aguacate, cera de abella, vitamina E e manteiga de karité.
Ámbalos dous cremes foron activados e tratadod con enerxía reiki co que multiplicanse as súas propiedades naturais xa beneficiosas de por si.
Se te interesa realizar algún pedido, recibir máis información ou comentarme calquera observación, podes escribirme a :
Aesenciadeser@gmail.com

07/10/17

No hay comentarios:

Publicar un comentario