Datos personales

jueves, 24 de enero de 2019

A poderosa corrrente do amor


            




Estas datas veñen acompañadas dunha cálida corrente amorosa que todo e a tod@s envolve e fai brillar.
                                                                 BON NADAL!


A noite pasada tiven un soño…
Atopábame aterrorizada fronte a unha masa circular negra maligna que ía e viña, paraliźandome e impedindome falar.
Tiña verdadeiro medo e lembro sobre todo a sensación de impotencia ao non poder berrar nen fuxir.
Mas nun intre, concentrada nos meus pensamentos e na procura da forma en que podía restar forza a esa masa maligna, pensei no amor, no inmenso poder do amor ❤ e souben de inmediato que así a vencería! Entón facía unha especie de “Onda vital xaaa amorosa”, tipo Songoku e a bola malvada ía minguando mentres eu recuperaba mobilidade e fala.
Lembro a sensación de calor que o amor desprendía ao sair do meu corpo.
Falando hoxe cun bon amigo contoume que onte día 22 de Decembro, a terra, como cada ano nesta data, comezou recibir a enerxía crística, que acada o seu punto máximo no día 25 e despois vai minguando.
Esta potente corrente enerxética caracterízase polo gran amor ca acompaña e pola ausencia de xuízo cara aquilo que sentimos.
Procurei algo de información porque mais que saber dela, sentinna chegar…
Bon Nadal!
Aproveitádevos moito da corrente amorosa!É verdade que pode con todo!🌍❤🌌

23/12/17

No hay comentarios:

Publicar un comentario